CDL · Casa das Letras

  • Permalink for '"Contos para nenos que dormen deseguida"'

    "Contos para nenos que dormen deseguida"

    Posted: 28-July-2010, 11:17am CEST by CDL
    Trátase do novo libro do ilustrador David Pintor e do escritor Carlos López, máis coñecidos como Pinto & Chinto, que está dedicado ao público infantil. Son vintioito relatos cheos co humor que caracteriza as historias da parella de creadores: "Todo está moi condensado. Nunha novela podes ir polo miudo, pero aquí eso non serve, hai que eliminar o que é prescindíble", afirma Carlos López. A brevedade e o humor das historias están claramente influidos pola limitación de espazo no papel co que traballan en La Voz de Galicia, onde publican unha colaboración diaria na sección de Opinión do xornal: "A diario temos que crear historias en dous o tres viñetas, eliminando o accesorio. Neste libro tamén facemos un traballo de síntese", explica Pintor. Son historias orixinais basadas en arquetipos infantís coas que os autores só están a procura do sorriso e do entretenimento: "Son contos para antes de durmir, e non como aquel tan longo que, cando o acabas de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio", reza na contraportada do libro, que contén, entre outros relatos, títulos como O pirata moitabarba, O príncipe e a princesa, A serea e o humano, O volcán durmido... Pinto & Chinto se sintes cómodos facendo cousas para nenos: "As tiras do xornal e os debuxos infantís son moi diferentes, no se poden comparar as idades dos lectores das primeiras coas dos rapaces dos segundos. Facer un libro para nenos esixe medir moi ben cada palabra porque é necesario que o entendan todo sen dificultade, e isto non é doado", subliña David Pintor. Edita KALANDRAKA (do mesmo libro hai edición en castelán e portugês)
  • Permalink for '"O incendio das palabras"'

    "O incendio das palabras"

    Posted: 28-July-2010, 5:20am CEST by CDL
    Reprodución facsímile da reseña publicada en La Voz de Galicia.Premer sobre a ilustrazón para amplia-la.

   
 
       
      © 2009 Cuaderno10 - Contacto  Publicidad  -  Portfolio Multimedia -




 

   menu de site  
  Noticias Premios y concursos
  Reseñas Agenda literaria
  Opinión C10TV
  Relecturas La opinión del lector
  Foro literario Redes de blogs
  Primeros capítulos Directorio Autores
  Cuaderno10 Directorio Editoriales

    La Tienda online de Cuaderno10

    RSS y Widgets para tu web

  buscador
 
 
Add to Google  

  publicidad

         Publicidad en Cuaderno10

   


  amigos
 
Portfolio Multimedia Cosipoi CMS10
Cocinar10