CDL · Casa das Letras

  • Permalink for '"Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha"'

    "Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha"

    Posted: 11-March-2010, 1:23pm CET by CDL
    Feministas galegas. Claves dunha revolución en marcha pretende mostrar o papel do feminismo na consolidación democrática e como se foron filtrando os seus postulados ata formar parte dos asuntos de Estado na actualidade.
    Tanto as feministas da transición, heredeiras da revolución cultural do 68 e despostas a darlles a volta ás súas vidas en defensa da coherencia ideológica, como as dos anos 2000 decataríanse de que ?facerse feminista? implicaba chocar cun mundo remiso aos cambios e ao relevo do poder. O cuestionamiento da vida das feministas comezaba co propio corpo e debía tirar abaixo a primeira estructura represiva para a muller: a familia e as cadeas conxugais. Implicaba desvincularse do mundo íntimo, sentimental, para abrirse camiño ao público, ao da razón, ao da xustiza, seguindo como un grito de guerra o lema da norteamericana Kate Millett: ?o privado é político?.
    Incomprensiblemente negado, o movemento feminista propiciou probablemente os cambios sociais máis profundos levados a cabo durante a transición política. A determinación das feministas de tomar por xustiza o mundo público masculino desencadeou unha fonda batalla interna que conseguiu deixar sinal.
    Nesta obra coral, Mónica Bar ?dálles voz? ás protagonistas da historia e abre canles polas que poidan descorrer novas investigacións e reflexións sobre o feminismo, imprescindible para a sociedade contemporánea.
    Edita XERAIS

   
 
       
      © 2009 Cuaderno10 - Contacto  Publicidad  -  Portfolio Multimedia -




 

   menu de site  
  Noticias Premios y concursos
  Reseñas Agenda literaria
  Opinión C10TV
  Relecturas La opinión del lector
  Foro literario Redes de blogs
  Primeros capítulos Directorio Autores
  Cuaderno10 Directorio Editoriales

    La Tienda online de Cuaderno10

    RSS y Widgets para tu web

  buscador
 
 
Add to Google  

  publicidad

         Publicidad en Cuaderno10

   


  amigos
 
Portfolio Multimedia Cosipoi CMS10
Cocinar10