blogk

  • Permalink for 'REMATA A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA ?LIBROS PARA SOÑAR?'

    REMATA A CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA ?LIBROS PARA SOÑAR?

    Posted: 9-March-2010, 2:34pm CET by comunicacion

     Ana e Luis cos escolares do CEIP Remedios de Ponteareas

    Patricia e Pablo no CPI de Xanceda

    A próxima semana chega ao seu fin a XI Campaña de animación á lectura ?Libros para Soñar? coa que KALANDRAKA percorreu nos últimos meses máis de 150 colexios de toda Galicia. Dous equipos de contacontos -un para a zona norte e outro para a zona sur- visitaron as aulas de Educación Infantil e de 1º ciclo de Primaria. Como novidade, nesta edición tamén se realizaron obradoiros de oralidade e de escrita creativa para escolares de 2º e 3º de Primaria.

     

    Ana e Luis cos escolares do CEIP A Laxe, de Marín

    Ana e Luis cos escolares do CEIP A Laxe, de Marín

    Conscientes da demanda dos centros e do profesorado para contar con actividades de dinamización, KALANDRAKA vén apoiando dende hai once anos a actividade docente ofrecendo esta campaña aos suscritores das súas novidades. ?Libros para Soñar? continuará o vindeiro curso cun repertorio de contos e actividades renovadas, a partir dos libros incluidos no catálogo de KALANDRAKA e FAKTORÍA K.

    Ana Barreiro, Iria Ballesteros e Luis Prego visitaron as escolas das provincias de Pontevedra e Ourense. Pablo Díaz e Patricia González percorreron os centros educativos da Coruña e Lugo. Alberto Barreiro impartiu os obradoiros de creación escrita e de dinamización lingüística. En conxunto, a valoración é moi satisfactoria: o alumnado tivo unha participación moi activa en todas as sesións e os mestres e mestras puideron coñecer novas propostas de animación lectora coas que seguir traballando nas aulas ao longo do curso escolar.

    Patricia e Pablo na Biblioteca Castelao

    Ana e Pablo cos escolares do CEIP Pedro Antonio

    Patricia e Pablo no CPI de Xanceda

    Mesturando contos e música interpretada con instrumentos tradicionais galegos, como a pandeireta, o acordeón ou o clarinete, as sesións convértense en celebracións festivas nas que os libros e os nenos e nenas son os verdadeiros protagonistas. Ademais da narración, foméntase a participación colectiva con cantigas e retrousos creados expresamente para acompañar relatos como os do ?Mago Goma?, ?Un becho estraño?, ?Frederick? ou a canción de ?Crocodilo namorado? incluida no libro-disco ?Tic-Tac?. Os equipos de animación de KALANDRAKA tamén deixaron ao seu paso o cartel-calendario de ?Onde viven os monstros? e marcapáxinas.

    Queremos agradecer a confianza destes máis de 150 centros escolares, dende os máis grandes situados nas principais cidades -Pontevedra, Vigo, Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense- ata os máis cativos -colexios rurais agrupados e escolas infantís de toda a xeografía galega- que reunían ao conxunto dos seus alumnos e alumnas para recibir con ilusión e agarimo aos contacontos de KALANDRAKA. Ata a seguinte campaña!

    Ana e Luis no CEIP Remedios de Ponteareas

    Ana e Luis no CEIP Remedios de Ponteareas

    Ana e Luis no CEIP Remedios de Ponteareas

    Ana e Luis no CEIP Remedios de Ponteareas

    INFORMACIÓN E SUSCRICIÓNS: Libros para Soñar, tlf. 986 43 37 68, lps@kalandraka.com


   
 
       
      © 2009 Cuaderno10 - Contacto  Publicidad  -  Portfolio Multimedia -




 

   menu de site  
  Noticias Premios y concursos
  Reseñas Agenda literaria
  Opinión C10TV
  Relecturas La opinión del lector
  Foro literario Redes de blogs
  Primeros capítulos Directorio Autores
  Cuaderno10 Directorio Editoriales

    La Tienda online de Cuaderno10

    RSS y Widgets para tu web

  buscador
 
 
Add to Google  

  publicidad

         Publicidad en Cuaderno10

   


  amigos
 
Portfolio Multimedia Cosipoi CMS10
Cocinar10